CRTVG

Buscar

Citan mozos para un cribado en Pontevedra e dous de cada tres non se presentan

Publicado o 05/07/2021 14:11

Na área sanitaria de Pontevedra a incidencia de casos de covid segue a subir. Entre as medidas preventivas que están a facer está o cribado preventivo para a rapazada. Están convocados para a PCR 1.435 persoas. O problema é que moitos do citados a proba non se presentan.

O Sergas está facendo cribados preventivos aos mozos e mozas na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, a máis afectada polo megabrote de Mallorca, con 125 positivos. A caseta de cribados está no aparcadoiro do Hospital Provincial de Pontevedra e levan xa varios días de traballo intensivo, con preto de 1.500 persoas convocadas. O obxectivo é testar a poboación que máis se está contaxiando para frear a inminente escalada de casos.

De momento, a afluencia non está a ser masiva. Polas mañás están citando a uns 300 para facer a proba de covid. Só están acudinto algo máis de 100. Ata mañá martes seguirán chamando a estudantes de bacharelato e formación profesional para que acudan ás probas.

A incidencia do coronavirus continúa subindo de forma importante na área sanitaria de Pontevedra.

 

Noticias web

05/07/2021