CRTVG

Buscar

Varios terremotos con escalas entre 4 e 4,3 sacoden Granada

Publicado o 27/01/2021 08:35

E en Granada viven hora axitadas. Esta noite varios terremotos de escala superior a 4 sacudiron a provincia. Vexan o momento nesta biblioteca de estudantes.

Preparan os exames e de repente todo comezou a tremer. Os cidadáns van collendo medo e saen á rúa. Os expertos manteñen a calma e aseguran que é unha serie sísmica normal. Esta noite os sismos deixáronse notar en 40 localidades.

Tres terremotos practicamente consecutivos de magnitude 4,3, 4,2 e 4 e epicentro en municipios da área metropolitana de Granada deixáronse sentir esta noite nas zonas afectadas tres días despois do tremor de 4,4 graos que sacudiu, con danos materiais, Atarfe e Santa Fe.

O primeiro deles, de 4,3 graos e epicentro en Santa Fe, rexistrouse ás 22:36 hora local e, pouco despois, ás 22:44 horas, detectouse outro de 4,2 e epicentro en Cúllar Vega, tamén na área metropolitana de Granada. Ambos foron moi superficiais, cero quilómetros de profundidade, e iso contribuíu a que o tremor fose sentido con intensidade pola poboación. O terceiro, con epicentro en Santa Fe, foi rexistrado ás 22:54 horas e, do mesmo xeito que os anteriores, cunha profundidade de cero quilómetros. Xa ás 23:09 horas detectouse un cuarto sismo en Santa Fe, pero de menor magnitude, 2,7.

En Granada capital, onde se deixou sentir, a Policía Local informou a Efe de que non hai constancia de danos persoais nin materiais aínda que si xente asustada que saíu á rúa. O alcalde Luis Salvador pediu na súa conta de Twitter precaución coas chemineas dos edificios ou calquera obxecto que puidese caer á rúa.

En Santa Fe, segundo indicou a Efe a Policía Local, só hai constancia de momento da caída de parte da fachada dunha vivenda desocupada do centro histórico que estaba en estado ruinoso. Iso obrigou a desaloxar, por precaución, os inquilinos da vivenda de enfronte. 

Noticias web

27/01/2021