CRTVG

Buscar

Dous sismos de 4,6 e 4,4 graos desatan a alarma en Navarra

Publicado o 01/10/2020 14:34

Tremeu o chan en Navarra, e o movemento sísmico sentiuse ata en Zaragoza. Foron dous terremotos de 4,6 e 4,4 graos, que desataron a alarma. Sorprenderon os veciños durmindo e algunhas familias decidiron pasar a noite fóra da casa.

Pouco antes das nove da noite a terra comezou a tremer. Foron unha serie de sismos que se sentiron en moitas localidades de Navarra.

Pero non foi ata pasadas as doce cando se rexistrou o maior deles, de 4,6 graos de intensidade, e que veu seguido de varias réplicas, unha delas, dúas horas despois, de 4,4 graos.

Ademais algunhas decidiron pasar a noite fóra da casa, logo de ver como comezaban a caer cousas dos estantes.

Os sismos sucédense en Navarra desde hai varias semanas pero foron os dous desta noite os máis fortes e que se sentíron tamén en zonas de Aragón, da Rioxa ou Cataluña.


 

Noticias web

01/10/2020