CRTVG

Buscar

Dous restaurantes galegos, no Cumio do Clima

Publicado o 05/12/2019 19:48

Hai máis dunha década que o Fogar do Santiso cultiva 10 hectáreas de horta ecolóxica para abastecer a súa cociña. O seu proxecto de restauración sustentable é un dos protagonistas no cumio do clima.

Jose Santiso. Xerente e propietario do Fogar do Santiso:"Nós somos algo máis ca un establecemento hosteleiro, temos toda a cadea. Somos produtores, transformamos o produto e eses alimentos sérvense no restaurante e rematan volvendo á horta como compost"

Tamén conta a súa experiencia no cumio outro dos restaurantes galegos con maior conciencia ecolóxica, o Abastos. Os seus cociñeiros compran os produtos de tempada no mercado que teñen á beira.

Iago Pazos, cociñeiro e copropietario do Grupo Abastos. "Montamos hai 10 anos un pequeno restaurante nos postos do mercado. Estábamos no mercado e tiñamos que comprar no mercado. E cada día, en funcion do que atopabamos no mercado, faciamos unha carta. É o mercado o que nos vai marcando as tempadas e os vendedores os que nos ían dicindo o que había cada día".

Ser ecolóxico non é doado. E eles levan anos traballando a contracorrente. Pero o seu éxito demostra que se pode ser sostible e ao mesmo tempo competir entre os mellores.