CRTVG

Buscar

Dous rapaces aparecen mortos tras seren acusados de roubar roupa en Colombia

Publicado o 13/10/2021 08:33
Dous rapaces aparecen mortos tras seren acusados de roubar roupa en Colombia

Aparecen mortos dous rapaces colombianos despois de que os acusaran de roubar roupa nun almacén preto da fronteira con Venezuela. Os comerciantes atáronos e logo levounos un grupo armado ilegal. Os seus corpos, tiroteados e cun cartel de "ladróns" sobre o pequeno, deixáronos nunha zona rural de Tibú. É unha localidade con moita produción de coca e tamén moita violencia entre grupos de narcos e paramilitares para controlar o negocio. A execución dos dous rapaces, inmigrantes venezolanos de 12 e 18 anos, está a ser investigada pola ONU. 

Noticias web

13/10/2021