CRTVG

Buscar

Dous policías salvan a unha bebé que afogaba atragoada

Publicado o 21/08/2019 14:35

Dous policías salvaron a vida dun bebé que se estaba asfixiando en Alcalá de Henares. Os axentes acudiron á chamada de socorro da nai, que pediu axuda ao decatarse de que a nena, de 8 meses, estaba afogando cun anaco de plástico. A pequena expulsouno grazas ás manobras de reanimación cardiopulmonar que efectuaron os axentes ata que chegaron os sanitarios. A pequena recuperouse perfectamente e non tivo que ser trasladada ao hospital.

 "Unhas zapatilliñas que lle comprou súa nai que tiñan unha pegatina. E como os nenos son moi flexibles pois colleu te tragouna. Era unha pegatina aproximadamente de dous centímetros e medio de diámetro, total para atrancarlle toda a vía co que aí non había aire que entrara", explicou despois do suceso Juán Alberto Mayor, policía Local de Alcalá de Henares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019