CRTVG

Buscar

En estado moi grave o policía vigués ferido nos altercados

Publicado o 19/10/2019 21:08
En estado moi grave o policía vigués ferido nos altercados

A Delegación do Goberno en Galicia confirmou que, entre os axentes feridos durante os violentos incidentes ocorridos nas últimas horas no centro de Barcelona, hai dous policías de orixe galega, un da Coruña e outro de Vigo.

O policía coruñés, ao parecer, ten un brazo roto, mentres que as noticias do axente procedente de Vigo seguen sendo preocupantes. Os últimos datos falan de que a súa situación é moi grave e segue ingresado na UCI, tras sufrir unha pedrada na cabeza, e cunha vértebra desprazada. Mandos da Policía Nacional visitaron a I.A.F. no hospital este mediodía. Sospéitase que lle lanzaron un lastro desde o tellado.

Como consecuencia dos últimos altercados, 12 policías da U.I.P. que non foran a Cataluña por motivos familiares e doutra índole presentáronse voluntarios para sumarse aos 72 compañeiros de Vigo desprazados a esa comunidade autónoma.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí