CRTVG

Buscar

Dous policías convértense en heroes ao salvarlle a vida a unha anciá atragoada na Pobra do Caramiñal

Publicado o 06/01/2020 13:41

Nunca un caramelo deu tanto que falar na Pobra do Caramiñal. Dous axentes da Policía Local salváronlle a vida a unha muller durante a celebración da Cabalgata de Reis. Atrogouse cunha lambetada e tiña dificultades para respirar o que fixo que Proteción Civil pedira axuda aos axentes que estaba de patrulla.

Marcos e Diego non pasaron un día de Reis normal. Nas súas mans estivo a vida dunha veciña que foron quen de salvar. Unha intervención que se gañou o recoñecemento e a gratitude de toda a vila.

Marcos Rodríguez Iglesias, Policía Local da Pobra do Caramiñal: " Accedemos a metade do viaxe en vehículo e a metade a pé correndo e cando atopamo a señora efectivamente se estaba asfixiando, fixémoslle a manobra de Heimlich desobstruimoslle as vías aéreas, claro."

Diego Lamas Longarela, Auxiliar de Policía Local da Pobra do Caramiñal:" A señora xa estaba comezando a coller unha entoación azul nos beizos. Era unha persoa maior entre 70 e 80 anos, tiña probleas, creo que de Alzheimer, polo que decían os familiares, entón non respostaba a estímulos, decíamos que tusira ao mesmo tempo, non era capaz de facelo."

A muller estaba nesta rúa cando estaba a comer un caramelo os que repartían na Cabalgata de Reis. Os membros de Protección Civil viron que a ancía manifestaba síntomas de asfixia. Entón pediron axuda por radio e os axentes que estaban vixiando o bo desenvolvemento do acto e dirixíronse o máis rápido posible para darlle auxilio a muller.

Diego Lamas Longarela, Auxiliar de Policía Local da Pobra do Caramiñal: "Houbo un momento en que pensamos que non a salvávamos porque xa, eu creo que pasaron uns 7 ou 8 minutos, entre a aglomeración de xente para conseguir chegar ao lugar e claro foi bastante tempo que estivo coas vías obstruidas totalmente."

Marcos Rodríguez Iglesias Policía Local da Pobra do Caramiñal:"Non pasa moi a miudo, pero cando pasa hai que collelo así."

Marcos e Diego seguen traballando como tódolos días, iso si, coa satisfacción do deber cumprido e dispostos a volver a axudar a todo aquel que o precise.

Noticias web

06/01/2020