CRTVG

Buscar

Dous peregrinos andaluces escolleron o Camiño Francés para celebrar o seu casamento

Publicado o 01/09/2018 15:05

Outra historia do Camiño. Dous peregrinos elexiron a ruta xacobea para casar. Son andaluces e é a terceira vez que o fan xuntos. Desta volta fixeron unha parada en Palas de Rei, onde se lles xuntaron familiares e amigos.

Aquí os vemos momentos antes de darse o si quero. Cristina e Manuel son dous peregrinos andaluces asiduos ao Camiño de Santiago que decidiron casar precisamente neste ruteiro, en Palas de Rei, en pleno Camiño Francés. 

Nerviosos, vestíanse cada un na súa habitación para se preparar para unha ceremonia civil ao aire libre ao pé do Camiño. De feito, a noiva quixo pisar unha vez máis esta vía antes de se presentar ante o seu mozo. Para os dous a ruta ten moito significado. 

E mañá, xa como marido e muller, reanudarán o Camiño a Santiago, que por primeira vez recorren desde Francia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2018