CRTVG

Buscar

Dous novos brotes en Cataluña e máis de 1.000 confinados no País Vasco

Publicado o 09/07/2020 14:26

Cos dous novos brotes de covid-19 detectados na provincia de Tarragona, con nove positivos en total e 60 contactos baixo seguimento, son xa 18 os focos declarados en Cataluña desde a fin do estado de alarma.Hai 73 brotes activos en España. O que ten máis casos, 896, é o da comarca do Segriá, en Cataluña.

Hoxe é o primeiro día de máscara obrigatoria nesta comunidade tanto en interior coma en exterior. Calquera persoa de máis de seis anos que non a leve posta pode ter unha multa de 100 euros. Baleares vai poñer a mesma medida a partir desta fin de semana.

O que ten o maior número de casos é o de Lleida, en Cataluña. Hai 896 casos confirmados e ten polo menos14 focos activos. Moi preto, en Huesca, na comarca de Cinca e La Litera, hai 436 contaxios detectados. Outro dos brotes está en Galicia, na Mariña, onde hai 165 casos. Euskadi ten 52 en Basurto e en Andalucía, no brote da Cruz Vermella, hai 109.

Cos dous novos brotes de covid-19 detectados na provincia de Tarragona, con nove positivos en total e 60 contactos baixo seguimento, son xa 18 os focos declarados en Cataluña desde a fin do estado de alarma.

O brote detectado na comarca tarraconense de Terras do Ebro ten a súa orixe nun claustro de profesores dun instituto e hai catro persoas infectadas. Outras 46 que estiveron en contacto con eles están baixo seguimento médico.

Na capital tarraconense hai outros cinco positivos por coronavirus, todos eles membros da mesma familia, e estáselles facendo seguimento a 20 contactos. Co foco detectado este mércores noutra empresa hortofrotícola do Segrià son xa 18 os brotes de coronavirus declarados en Cataluña.

A localidade guipuscoana de Ordizia suma unha decena de novos contaxios e máis de mil veciños permanecen confinados á espera de coñecer os resultados das probas PCR que lles fixeron nas últimas xornadas.

Seguindo os pasos de Cataluña e Ordizia, tamén nas illas Baleares será obrigatorio usar en todo momento máscara nos espazos públicos. A medida, da que quedan excluídas as praias e piscinas, publicarase este venres ou sábado no boletín oficial da comunidade.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, pide que non se baixe a garda, porque o virus segue circulando. Illa considera que é normal que haxa brotes e di que as medidas que se adoptaron son as necesarias.

 

Noticias web

09/07/2020