CRTVG

Buscar

Dous novos brotes en Castelló e en Málaga súmanse aos cincuenta activos en España

Publicado o 30/06/2020 14:03

As autoridades sanitarias confirmaron un novo brote de coronavirus con 16 persoas contaxiadas durante a celebración do San Xoán en Castellón e outro máis na localidade malagueña de Casabermeja, con sete positivos.

En total hai unha cincuentena brotes activos en España, pero só once se consideran potencialmente perigosos. Os contaxiados polo brote de Castellón son membros de varias familias que se reuniron para celebrar a noite de San Xoán.

Dezaseis persoas deron positivo por coronavirus e as autoridades sanitarias seguen o rastro dos seus contactos. Todos os infectados están illados.

Unha das familias infectadas procedía de Lleida, onde se mantén activo un dos focos máis preocupantes, con máis de 130 positivos. 

Este brote podería estar vinculado co detectado nas 3 comarcas oscenses que retrocederon á fase dúas da desescalada.

Valladolid, Murcia e Málaga son as otras provincias que rexistran brotes preocupantes. O máis importante é o localizado nun centro de acollida da Cruz Vermella da capital malagueña, con 103 positivos, trece máis na última xornada.

Noticias web

30/06/2020