Dous mozos morren ao caer ao baleiro en Alacante cado facían un 'selfie'
Dous mozos mortos ao precipitarse desde doce metros de altura cando intentaban facerse unha foto co móbil na costa de Alacante. As vítimas son dous cidadáns británicos de entre 23 e 25 anos de idade.
O accidente ocorreu na praia de punta Prima, nas proximidades da localidade alacantina de Orihuela.
Dous mozos, de nacionalidade británica, precipitáronse ao baleiro desde o paseo marítimo que nesta zona ten unha altura de doce metros.
Os dous mozos, con idades comprendidas entre os 23 e os 25 anos, caeron sobre un posto de socorristas da praia.
Un deles morreu no mesmo lugar do accidente e outro no hospital de Alacante ao que foi trasladado en helicóptero.
Segundo a Garda Civil, o accidente produciuse cando as vítimas intentaban facerse unha foto co móbil.