CRTVG

Buscar

Dous mozos foron alcanzados polos balotes dunha carabina no barrio de Caranza, en Ferrol

Publicado o 17/01/2019 14:24

A Policía Nacional de Ferrol abriu unha investigación para tratar de localizar o autor de varios disparos cunha escopeta de aire comprimido. Dous mozos quedaron feridos leves. Amais, os balotes afectaron varios coches e mesmo a fachada dun inmoble do barrio de Caranza.

Aconteceu no barrio ferrolán de Caranza, na confluencia da avenida de Castelao coa rúa Armada Española. Dous mozos foron alcanzados polos balotes dunha carabina de aire comprimido disparada desde a ventá dun edificio e quedaron feridos leves. Houbo tamén danos en varios vehículos e na fachada dun inmoble.

No barrio, que non queren falar diante da cámara por medo ás represalias, contan que non é a primeira vez que acontece algo similar. Agora, a Policía Nacional encárgase da investigación para poder esclarecer que foi o que pasou e localizar o autor dos disparos.



 

Noticias web

17/01/2019