CRTVG

Buscar

Dous mozos feridos na Peroxa ao esnafrarse o seu coche contra un camión

Publicado o 14/11/2017 21:16

Correron máis sorte dous mozos que esta tarde quedaron feridos leves malia sufrir un aparatoso accidente de Tráfico na Peroxa. O condutor do turismo cegouse polo sol e colidiu contra un camión que estaba estacionado.

Eran preto das cinco da tarde, os dous mozos de Ourense, curmáns, ían á casa que o seu avó ten na Peroxa cando o turismo que conducía o maior dous dous se esnafrou contra un camión que estaba estacionado na estrada do Souto.

Dende o 112 avisaron os bombeiros do Carballiño que chegaron axiña para liberar os mozos pero finalmente non fixo falta. 

Os dous foron trasladados en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Segundo a Garda Civil de Tráfico, que está a facer o atestado, o seu estado non reviste gravidade.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017