CRTVG

Buscar

Dous mozos están hospitalizados tras un tiroteo nunha festa de pedimento xitana

Publicado o 19/05/2019 14:54

Na páxina de sucesos...dous mozos están hospitalizados tras un tiroteo nunha festa de pedimento xitana. A celebración tiña lugar no Porriño. Unha menor de quince anos e un mozo maior de idade permanecen hospitalizados graves en Povisa e no Cunqueiro, en Vigo, logo de ser feridos de bala nunha festa de pedimento xitana celebrada no Porriño. Os dous tiveron que ser intervidos cirúrxicamente.

A Garda Civil busca dúas persoas: o home que fixo os disparos ó teito e á persoa que o esperaba ó volante do coche no que fuxiron.Os feitos ocorreron contra á unha e dez da madrugada no multiusos de Torneiros no Porriño onde se celebraba unha festa de pedimento de compromiso dos zamoranos.A esa hora un home accedeu á festa e comezou a disparar contra o teito, facendo máis de media ducia de disparos que acabaron rebotando nunha rapaza de quince anos e nun mozo de dezaoito. A Policía Nacional custodia as portas do hospital Povisa de Vigo onde permanece a moza zamorana que foi ferida no rostro e foi intervida cirúxicamente no Servizo de Maxilofacial do Hospital vigués.

Dáse a circunstancia de que no mesmo centro médico está ingresado Olegario Giménez, pai de Sinaí e antigo Rei dos Xitanos de Vigo, da familia dos Moróns, enfrontados históricamente cos zamoranos.
No Hospital Cunqueiro de de Vigo permanece o outro ferido, un mozo de dezaoito anos de idade que tamén tivo que ser operado xa que recibíu senllos impactos no hombreiro e na clavícula.
A Garda Civil tomou pegadas e fixo unha investigación ocular do lugar dos feitos cedido polo concello ata ás doce desta mañá. Inicialmente buscan dúas persoas: ao autor dos disparos , e á persoa que o agardaba ao volante do coche en que acabaron fuxindo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/05/2019