CRTVG

Buscar

Dous mortos por bala nos disturbios raciais de Wisconsin

Publicado o 27/08/2020 08:46

As protestas raciais nos Estados Unidos deixan dous mortos e un ferido de bala na
terceira noite de disturbios en Kenosha, no estado de Wisconsin.

Ao parecer, os disparos efectuounos un home armado con pistola. O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, anunciou que enviará axentes da Policía Federal e da Garda Nacional a Kenosha para sufocar as protestas.

Estas van polo terceiro día despois dos sete tiros que lle deu un policía afroamericano a Jacob Blake nas costas.

Como mostra de rexeitamento da represión policial que existe nos Estados Unidos contra os cidadáns negros, os equipos da MLS estadounidense non xogaron os seus partidos onte e uníronse ás protestas que empezaron na NBA.

Noticias web

27/08/2020

Máis sobre actualidade