CRTVG

Buscar

Dous mortos no incendio dunha vivenda en Cártama (Málaga)

Publicado o 29/12/2019 21:02

Pouco antes das 12 e media da noite unha testemuña alertaba de que o fume saía polo primeiro andar desta vivenda, en Cártama. No interior durmían a parella e mais unha menor, neta deles. Aínda que, segundo as primeiras inspeccións, o lume prendeu nunha estufa na planta baixa, o fume subiu e foi o que lles causou a morte ás dúas vítimas.

"Polo que se ve, morreron os dous na cama, asfixiados polo fume. A nena saltou do balcón e un garda civil, que está no hospital e é familiar deles". Conta unha veciña

A rapaza sufriu varias queimaduras na cabeza e nas mans, recibiu atención psicolóxica e xa lle deron a alta. Tamén tivo que ser atendido por queimaduras leves o garda civil que tratou de acceder á vivenda para axudar no rescate.

O Concello decretou día de loito oficial polos seus veciños.
 .