CRTVG

Buscar

Dous mortos ao esnafrarse o ultralixeiro no que voaban en Lleida

Publicado o 16/05/2018 15:08

Dúas persoas morreron ao esnafrarse o ultralixeiro en que voaban por unha zona próxima ao aeroporto de Lleida. As vítimas son os ocupantes do aparello. O ultralixeiro accidentouse contra as 11 desta mañá por causas que aínda non se coñecen. Os primeiros indicios apuntan a que o sinistro se produciu durante as manobras de aterraxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018