CRTVG

Buscar

Dous mortos nas estradas galegas na fin de semana

Publicado o 19/08/2019 12:56

Dúas persoas morreron en accidentes de tráfico rexistrados a pasada fin de semana en Galicia.
O 061 tivo que asistir un total de 80 persoas nos 55 accidentes que houbo nas estradas desde o venres ata o domingo. Foi, precisamente, a do domingo, a xornada con máis sinistros, e a provincia da Coruña a que máis incidencias rexistrou. Ademais das ambulancias mobilizadas, o helicóptero medicalizado tivo que realizar dúas saídas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019