CRTVG

Buscar

Dous mortos en tres incendios en domicilios de Madrid, Badaxoz e Castellón

Publicado o 22/04/2019 09:30

Esta fin de semana houbo varios incendios en domicilios con consecuencias graves. Estas imaxes son do lume nunha vivenda de Carabanchel, en Madrid, onde os bombeiros tiveron que tirar abaixo cunha porta blindada, tras o que rescataron un mozo de 21 anos que estaba inconsciente por mor do fume. Foi ingresado no hospital.

Non tiveron tanta fortuna outras dúas persoas: un home de 83 anos que morreu no incendio da súa vivenda en Alburquerque, na provincia de Badaxoz, e outro de 33 de Vinaroz, en Castellón, onde tamén houbo cinco feridos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2019