Localizan os cadáveres de dous irmáns duns 60 anos no interior da súa vivenda en Tenerife
Publicado o 04/10/2019 09:02
Os cadáveres dun home e dunha muller duns 60 anos de idade foron localizados no interior dunha vivenda situada no camiño dos Barriales da localidade de Pedro Álvarez, no municipio tinerfeño de Tegueste.
O achado dos corpos produciuse pouco despois das 19:30 horas e ao lugar desprazáronse efectivos da Policía Xudicial da Garda Civil e da autoridade xudicial.
Segundo informa o rotativo tinerfeño Diario de Avisos, ao parecer os dous falecidos eran irmáns e a muller foi atopada tapada por unha manta e o corpo do home estaba noutro cuarto. Ambos poderían levar varios días mortos no interior da casa, unha vivenda unifamiliar de dúas plantas, e, segundo comentaron varios veciños da zona ao xornal, os irmáns tiñan problemas psicolóxicos.