CRTVG

Buscar

Morre un matrimonio en Burgos por inhalación de monóxido de carbono

Publicado o 07/12/2017 20:52

Un matrimonio de 74 e 68 anos morreu por inhalación de monóxido de carbono na súa vivenda, onde foron localizados inconscientes esta mañá. 

Ocorreu na localidade de Pedrosa de Duero, en Burgos, e dáse a circunstancia de que as dúas persoas mortas son os pais do alcalde da vila. Foi o xenro da parella o que avisou o 112 cando os atopou no interior da vivenda. Os servizos de urxencia non puideron facer nada por ningún dos dous e certificaron a morte. O monóxido de carbono produce mareos, dor de cabeza, vómitos e incluso esvaecementos que poden ser mortais.   

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017