CRTVG

Buscar

Dous mortos e tres feridos tras unha colision mútiple en Segovia

Publicado o 02/09/2021 09:30

Dous mortos e tres feridos é o tráxico resultado dun accidente de tráfico que se rexistrou en Anaya, en Segovia. O sinistro produciuse cando un turismo adiantaba a un camión e colidiu cunha furgoneta que viña de fronte. O violento impacto deixou o camión atravesado na vía. Unha persoa quedou atrapada nun dos vehículos e tivo que ser excarcerada polos bombeiros. O persoal médico desprazado ao lugar certificou o falecemento de dúas persoas, e outras tres foron trasladadas a un centro sanitario.

Noticias web

02/09/2021