CRTVG

Buscar

Dous mortos e sete feridos nunha colisión entre un autobús e un turismo en Navarra

Publicado o 22/04/2018 14:43

Accidente de tráfico mortal en Navarra. Dúas persoas perderon a vida e sete quedaron feridas de diversa consideración nunha colisión frontal entre un turismo e un autobús á altura da localidade de Lantz. Un dos falecidos é o condutor do turismo e a segunda vítima mortal é unha muller que foi atopada posteriormente polos bombeiros baixo os restos dos vehículos e que podería ser a pasaxeira do turismo. Hai un ferido grave, o condutor do autocar, que tivo que ser excarcerado. Outras dúas persoas presentan prognóstico menos grave e outras catro leve por cortes e contusións. Estanse a investigar as causas do sinistro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/04/2018