CRTVG

Buscar

Dous mortos e once feridos no incendio dunha vivenda en Huelva

Publicado o 07/01/2020 21:09

Sucedeu pouco antes das oito da mañá. Varios veciños alertaron o 112 de que había un incendio no cuarto andar deste vivenda e que dentro había varias persoas pedindo auxilio pola fiestra. Ata o lugar desprazáronse bombeiros, axentes da Policía Local e doutro corpos de seguridade. Conseguiron rescatar nove persoas que vivían no piso incendiado e outras dúas, no da beira. Pero non pudieron facer nada polos dous falecidos, unha muller de 35 anos e un menor de 15. Os veciños quéixanse da tardanza dos equipos de urxencias.

Once feridos foron trasladados o hospital, incluido un bebé de 16 días que está na UCI en estado moi grave. Seis feridos recibiron a alta horas despois. De momento, descoñécense as causas do lume. Todos os veciños desaloxados puideron volver ás súas casas.

Noticias web

07/01/2020