Dous mortos e ducias de desaparecidos tras o paso da borrasca Álex por Francia e Italia
Publicado o 04/10/2020 15:06
Polo menos dous mortos e ducias de desaparecidos en Francia e Italia tras o paso da borrasca Álex. A chuvia torrencial afectaron especialmente a cidade francesa de Niza, onde hai dezoito persoas desaparecidas, incluídos dous bombeiros. A devastación na zona é total.
Tamén en Italia, onde xa son dous os mortos e 17 os desaparecidos nas inundacións. No Piamonte derrubáronse dúas pontes e hai tamén danos graves noutras rexións do norte do país. As autoridades instan os cidadáns a quedar na casa.