CRTVG

Buscar

Dous mortos ao estrelarse unha avioneta nunha lagoa de Cancún

Publicado o 31/03/2021 13:34
Dous mortos ao estrelarse unha avioneta nunha lagoa de Cancún

Dúas persoas morreron ao estrelarse unha avioneta tipo Cessna nunha lagoa da cidade turística de Cancún, no sueste de México. O aparato, que facía servizo de taxi aéreo, fixo varias manobras sobre a lagoa antes de caer á auga.

Segundo algunhas testemuñas, a avioneta tivo algún tipo de fallo mecánico. Os corpos do piloto e do pasaxeiro foron rescatados por efectivos dos servizos de emerxencias. A Axencia Federal de Aviación Civil de México investiga as causas do accidente.

Noticias web

31/03/2021