CRTVG

Buscar

Dous millóns setecentos mil galegos elixen hoxe os 75 deputados do Parlamento

Publicado o 12/07/2020 08:50
Dous millóns setecentos mil galegos elixen hoxe os 75 deputados do Parlamento

Un total de 2.697.315 cidadáns galegos están chamados a acudir a un dos 2.405 colexios electorais para elixir os 75 deputados que conformarán a XI lexislatura autonómica do Parlamento de Galicia.

Este número supón 2.190 persoas menos das que tiñan que votar o 5 de abril cando as eleccións tiveron que ser suspendidas pola crise causada polo coronavirus. 

Por contra, o número de electores novos será de 78.504 respecto á convocatoria do 2016, aumentan en 5.539 respecto aos convocados no mes de abril.