CRTVG

Buscar

Dous menores resultan feridos nun accidente en Xinzo de Limia

Publicado o 12/01/2020 19:08

Feridos dous menores nun accidente de tráfico en Xinzo de Limia. O sinsitro tivo lugar nun cruzamento sen sinalización, preto do campo de fútbol. Dous coches bateron de xeito frontolateral. Nun dos vehículos viaxaban dous nenos de 21 meses e 8 anos que foron trasladados ao centro de saúde da capital limiá por precaución. Todos os implicados no sinistro son familiares.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2020