CRTVG

Buscar

Dous menores franceses sálavanse dun incendio no piso saltando pola fiestra e coa axuda dos veciños

Publicado o 23/07/2020 10:25

En Francia dous irmáns de tres e dez anos tiveron que saltar pola ventá dun terceiro piso para fuxir do incendio declarado na súa casa.
O irmán máis vello suspendeu o pequeno no baleiro e soltouno cando viu que abaixo os veciños estaban preparados para collelo ao caer. Despois tocoulle a el saltar dende a fiestra para que o apañasen abaixo.

Os dous menores saíron ilesos do episodio, aínda que foron ao hospital por inhalación de fume. Ocorreu na localidade de Grenoble.


 

Noticias web

23/07/2020