CRTVG

Buscar

Dous menores feridos, un de gravidade, tras chocar o coche que conducía un deles

Publicado o 21/01/2020 22:19
Dous menores feridos, un de gravidade, tras chocar o coche que conducía un deles

Dous mozos de 15 anos de idade resultaron feridos, un de gravidade, ao chocar contra unha pedra o coche que conducía un deles por unha pista do Porriño.

O accidente produciuse sobre as 18.30 horas por unha saída de vía e colisión frontal do vehículo contra unha pedra nunha pista das canteiras da zona de Vaqueira.

O mozo que ía ao volante quedou ferido grave e o seu acompañante, leve. Eles eran os dous únicos ocupantes do vehículo.

A Garda Civil contactou cos pais dos menores e abriu unha investigación para dilucidar as circunstancias arredor do accidente e por que estes menores ían a bordo dun coche.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí