CRTVG

Buscar

Dous menores detidos por agresión sexual a unha moza de 16 anos en Cullera

Publicado o 04/08/2019 15:16

Nova violación grupal a unha moza de 16 anos. Hai dous menores detidos por esta suposta agresión sexual que sucedeu nunha praia de Cullera.

Os feitos remóntanse á madrugada do pasado 21 de xullo. Unha moza alertaba o 112 de que acababa de sufrir unha agresión sexual na praia. Os agora detidos, de 16 e 17 anos, fuxiron cando a menor comezou a pedir auxilio a berros, conseguindo escapar ao control policial.

A policía xudicial da Garda Civil de Cullera comezou, entón, unha investigación sobre os feitos. Na localización dos menores foi clave a descrición deles facilitada pola vítima.

Noticias web

04/08/2019