CRTVG

Buscar

Dous meles de Lalín, vencedores da XVII Cata do Mel de Galicia

Publicado o 05/02/2019 16:16

Con case 50.000 colmeas e trescentos apicultores inscritos, Mel de Galicia é o maior consello regulador dos meles europeos. A calidade deste produto e o importante papel dos que o producen ponse de relevo cada ano nas catas que organiza Medio Rural. Hoxe imos coñecer os vencedores, os mellores meles galegos da colleita de 2018.

A parroquia de Zobra, en Lalín, está rodeada de castiñeiros, breixos, carballeiras e prados que alimentaron de sempre as abellas da zona. Aquí hai moita tradición apícola, e de aquí saíu o mellor mel monofloral da pasada colleita. É un mel ecolóxico en que predominan os matices do breixo.

Avelina Calvo Munín. Gañadora da XVII Cata dos Meles de Galicia

"É un pouco máis intenso no sabor, tamén é máis espeso. Se fose de castiñeiro, sería un pouco máis claro, e non tan intenso"

De castiñeiro, e tamén dos montes de Lalín, foi o mellor mel monofloral de Galicia. Antonio é xa a terceira xeración á fronte da empresa apícola familiar, fundada en 1936. 2018 deixou a peor colleita de mel que recorda. A chuvia impediu que as abellas traballaran ben na primavera, e foi a floración do castiñeiro a que lles salvou a campaña.
Antonio Gómez Tapia. Gañador da XVII Cata dos Meles de Galicia

"O mel de castiñeiro caracterízase por ter unha cor ámbar escura, ás veces presenta tons avermellados. Ten un aroma vexetal e é lixeiramente acedo e amargo"

Os premios das Catas poñen en valor este produto de calidade e o impagable labor dos que o producen. Mel de Galicia é xa o consello regulador de mel europeo con máis colmeas inscritas e máis quilos de mel certificados.



 

Noticias web

05/02/2019