CRTVG

Buscar

Dous mariñeiros sálvanse tras irse contra as rochas en Bueu

Publicado o 29/01/2019 21:16

Vaia susto levaron este mediodía dous mariñeiros. Lograron chegar a terra despois de que a súa embarcación encallara en Bueu. Volvían á casa cando un cabo se enganchou na hélice do barco. A planadora quedou sen goberno e o mar levouna contra as rochas. Os mariñeiros, un de Cangas e outro de Portonovo, atópanse en bo estado de saúde. 

A alarma volveu saltar no mar. Salvamento Marítimo recibiu un aviso ás once da mañá de que unha embarcación estaba en apuros. Un cabo enganchouse no motor e o barco quedou sen goberno. Encallou nas rochas nas proximidades de Cabo Udra, en Bueu.

O Pesca II non actuou porque os dous tripulantes chegaron á terra polos seus propios medios. Un dos mariñeiros é de Cangas e o outro de Portonovo, o barco descargaba en Bueu pero tiña a súa base en Portonovo.

O barco permanece no lugar e mesmo puideron recuperar todos os aparellos do seu interior. O patrón da embarcación achegouse ata alí pero non quixo facer declaracións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/01/2019