CRTVG

Buscar

Dous mariñeiros desaparecidos no choque dun mercante ruso cun pesqueiro no Porto de Barcelona

Publicado o 20/03/2017 21:05

Outros dous mariñeiros, que foron rescatados, resultaron feridos

FOTO: VesselFinder

Dous mariñeiros dun pesqueiro resultaron feridos e outros dous están desaparecidos ao producirse unha abordaxe entre un buque mercante e un pesqueiro no Porto de Barcelona.

Fontes de Salvamento Marítimo indicaron a Europa Press que, pasadas as 15.15 horas, o buque 'Midvolga 2' informou ao Centro de Salvamento da abordaxe cun pesqueiro con catro tripulantes á saída do Porto.

O propio mercante rescatou a dous mariñeiros do pesqueiro, que sufrían diversas feridas e que foron evacuados nunha embarcación de Salvamento Marítimo que os levou ao Porto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017