Dous irmáns ourensáns regresan a Galicia despois de 60 anos como misioneiros en Venezuela
Despois de varias décadas como misioneiros en Venezuela regresaron a Galicia. Falamos de dous irmáns ourensáns que teñen presentes as necesidades daquel país.
Regresaron por motivos de saúde e idade despois de toda unha vida, 6 décadas, en Venezuela. A maior parte deste tempo, máis de 40 anos, estiveron na Amazonía, traballando coas tribos indíxenas.
Din que a súa situación empeorou considerablemente nos últimos anos, sobre todo no que se refire a sanidade ou a educación, por iso, afirman, é máis necesario ca nunca o labor dos misioneiros. Galicia conta neste intre con 300 repartidos por todo o mundo.
Marcharon con tan só 17 anos para Venezuela. Alí completaron a súa formación ata que decidiron dedicar a súa vida a axudar os máis esquecidos na Amazonía. Un traballo truncado, din, pola situación económica e política actual que deixou a zona sen acceso aos servizos básicos como a sanidade.
Regresaron no último voo humanitario porque alí, din, xa non eran útiles. Con máis morriña da que marcharon, defendendo o traballo que realizan os 300 misioneiros galegos que están polo mundo.