CRTVG

Buscar

Dous irmáns da Coruña reinvéntanse: de músicos a reparadores de instrumentos

Publicado o 04/02/2021 14:48

Procedentes de Oviedo, dous irmáns chegaron á Coruña hai máis de 15 anos para dedicarse á música.

Tocaban nun grupo, pero a pandemia mudou todos os seus plans. Iso levounos a centrarse no seu taller de reparación de instrumentos, que agora é a única ferramenta que lles permite manterse unidos ao que máis lles gusta facer: tocar. 

A covid paralizou a actividade profesional do sector do ocio e da música, algo que eles notaron moito laboralmente e tamén no tipo de clientes que acode ao seu taller. 

A música é a súa forma de vida por iso, non perden a ilusión e a paxión dos escenarios trasladárona agora ao seu taller de reparación. 

Noticias web

04/02/2021