CRTVG

Buscar

Dous homes feridos por arma branca nunha liorta nunha vivenda en Madrid

Publicado o 08/09/2021 08:14
Dous homes feridos por arma branca nunha liorta nunha vivenda en Madrid

Dous homes de 28 e 36 anos quedaron feridos nunha liorta acontecida o martes pola tarde nunha vivenda da zona da Ponte de Vallecas. O 112 recibiu unha chamada que alertaba de que se producira unha agresión dentro dun edificio e que había dúas persoas feridas.

O mozo de 28 anos tiña catro coiteladas no pescozo e no ombreiro. O home de 36 anos tiña cortes nas mans e un dedo medio amputado. Os dous feridos quedaron ingresados nun hospital e a Policía Nacional investiga para coñecer que pasou.

Noticias web

08/09/2021