CRTVG

Buscar

Dous homes quedaron feridos graves nun choque frontal das fugonetas que conducían en Caldas

Publicado o 12/10/2017 13:57

Outro accidente de tráfico, este en Caldas de Reis, deixa dous homes feridos graves. Son os condutores de dúas furgonetas que chocaron de fronte a primeira hora desta mañá. Ao chofer máis grave, un mozo de só 22 anos, tiveron que excarceralo para poder sacalo do vehículo.

Ás oito e vinte da mañá, o 112 recibía o aviso dun accidente de tráfico con dous feridos graves na estrada 550 de Caldas de Reis, como consecuencia dun choque frontal entre dúas furgonetas, cando o que circulaba en dirección a Catoira invadiu o carril contrario por onde viaxaba a furgoneta conducida por un funcionario de Correos, en dirección a Santiago.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2017