Dous homes, a prisión por saltar o confinamento en Vimianzo e na Coruña
A persoa detida na Coruña o nove de abril por incumprir o confinamento é multirreincidente. Xa pasara antes polo xulgado pero agora quedou ingresado no cárcere de Teixeiro.
O sábado tamén ingresou en prisión provisional un veciño de Vimianzo que fora interceptado ata dez veces. De feito, xa pasara antes polo xulgado, pero deixárano libre á espera do xuízo.
Outro detido na Coruña que espera no calabozo a pasar perante o xuíz é un home de 67 anos que estaba pedindo na porta dun estanco.Tamén tiña denuncias anteriores. E é que aínda que a maioría cumpra co confinamento, as excepcións non cesan.
A Delegación do Goberno informou de que só os gardas de Tráfico tramitan unha media de cen sancións diarias en Galicia. E fóra de Galicia otro tanto ou peor.
Por exemplo en Navarra a Garda Civil identificou, utilizando un dron, catro veciños, reincidentes, que se reunían acotío na praza da localidade de Adiós.
No conxunto de España cursáronse medio millón de multas e detencións por este motivo no último mes.