CRTVG

Buscar

Dous gromos familiares disparan a incidencia de Oroso na última semana

Publicado o 28/05/2021 14:30

No concello de Oroso, moi cerca de Santiago, estase a producir unha rechamante repunta de contaxios. Dos 17 casos activos, 14 detectáronse na última semana.

Medran os contaxios en Oroso e tamén os rumores sobre a súa orixe. Pero desde o concello aclaran que se trata de dous gromos familiares relacionados, que poderían quedar controlados tan pronto remate o rastrexo de contactos.

Beatriz Rodeiro Fernández, concelleira de Sanidade de Oroso: "É probable que nos próximos días aumente o número de casos en función dese rastrexo. En todo caso son focos controlados, en principio indican que non hai unha transmisión comunitaria".

Con 17 casos nun concello de 7.500 habitantes, a incidencia sobe e no bar de Manuela hai temor de que endurezan restricións. A vacinación inxecta calma nas rúas de Sigüeiro, onde están pendentes pero non alarmados. Medidas que poderían subir de nivel se os contaxios non remiten neste concello da contorna de Santiago.

Noticias web

28/05/2021