CRTVG

Buscar

O Deportivo non gaña tres partidos seguidos desde o 2013

Publicado o 16/04/2018 09:57

31 puntos ten o Levante e con 26 achégase o Deportivo despois de vencer en Bilbao. Triunfo de prestixio, necesario. Unha vitoria que debe reforzar a moral dos xogadores nesta recta final de liga. Por fin o Deportivo encadeou 6 puntos de xeito consecutivo, liderado por un Adrián que volveu facer dobrete. Borja Valle completou unha vitoria que pode ser decisiva. 

E mañá outra final. Chegará a Riazor un Sevilla en crise e coa cabeza posta na final de Copa deste sábado ante o Barcelona. Riazor estará ateigado. Cada socio vai recibir unha entrada de balde ata completar a capacidade.

Onte, o Deportivo, nada máis tomar terra desde Bilbao, marchou a Abegondo para preparar o encontro de mañá. Veremos se Adrián, despois da forte pisada que sufriu en Bilbao, pode xogar. O Dépor quere manter a boa xeira. Non gaña tres partidos de liga de xeito consecutivo desde o ano 2013.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018