CRTVG

Buscar

Dous gardas civís salvan un bebé no cuartel de Cambre

Publicado o 21/08/2021 20:56

Sucedeu na noite do venres. Os dous axentes, Estefanía Lesta e Adriá Hermida, que levan pouco tempo en Cambre, acababan de entrar de servizo cando escoitaron berros no exterior. A través das cámaras de vixilancia viron unha muller correndo cun bebé nos brazos.

 "E o meu compañeiro saiu axiña e a muller xa lle entregou o pequeno dicindo que non respiraba e que ía morrer, e entón o meu compañeiro superrápido actuou, púxoo enriba da mesa, miramos se efectivamente non respiraba e comezamos a darlle masaxes no peito como o RCT"conta Estefanía

Segundo parece, ao pequeno puxéronlle unha vacina pola mañá e horas despois comezou a subirlle a febre. Cos primeiros auxilios, os dous gardas conseguiron que o cativo respirara.
 "e co que tiñamos por alí polo cuartel, intentar baixarlle a temperatura, mollándoo con papel hixiénico e cando conseguismo estabiilizalo volvín coa nai porque estaba moi nerviosa para que se intentara tranquilizar e que non lle pasara nada a ela" engade

Desde a comandancia da Coruña avisaron unha ambulancia e mentres agardaban, unha médica do 112 foi dando indicacións para manter o bebé estable ata o seu traslado ao hospital. Horas despois, o pai pasou polo cuartel para darlles as grazas.

Esta axente da garda civil, que está en periodo de practicas, lembra que na academia reciben cursos de primeiros auxilios para saber responder en situacións coma esta. Admite que no momento estaba moi nerviosa pero agora só pensa en coñecelo cativo.
"Cando reaccionou, porque o neno non chorou en ningún momento, reaccionou, e ao meu compañeiro non lle quería soltar a man, asi que si con gañas de velo e coñecelo",asegura

Noticias web

21/08/2021