CRTVG

Buscar

Dous gardas civís responsabilizan a Jordi Sánchez dos altercados do 20-S

Publicado o 25/03/2019 20:24

Os dous tenentes da Garda Civil describiron a xornada do 20 de setembro de 2017 como unha das máis difíciles da súa carreira. Ambos falaron do risco que sufriron durante a intervención na Consellería de Economía.

"Unha mossa preguntounos se tiñamos pensado saír pola porta principal, e advertiunos que se saiamos nos ían matar, ou masacrar, ou algo así nos dixo".

Tamén coincidiron en sinalar a Jordi Sánchez como a persoa que levaba a voz cantante e tomaba as decisións do que se facía, dándolles indicacións incluso aos Mossos d'Esquadra.

"El presentouse como o interlocutor válido da masa. Temos unha reunión que foi esperpéntica, porque a voz cantante de seguridade levábaa o señor Sánchez".

Un dos axentes describiu como os manifestantes roubaron material do interior dos coches da Garda Civil, e asegurou que lles advertiu aos Mossos que nos vehículos había armas de calibre longo, e do risco que iso podía supoñer.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019