CRTVG

Buscar

Dous galegos, feridos cando unha patrulleira de Aduanas perseguía unha planadora

Publicado o 24/01/2021 22:57

De Andalucía chegan novas dunha operación contra o narcortráfico que deixa dous galegos feridos. Aconteceu este mediodía en augas próximas á localidade de Sotogrande. Unha patrulleira de Aduanas que perseguía unha planadora chocou coa embarcación dos narcotraficantes. A bordo ían os dous galegos e outros dous tripulantes, veciños de La Línea. Un dos narcotraficantes andaluces faleceu e o outro está ferido.

O patrulleiro de vixilancia aduaneira Águila IV participa nas tarefas de loita contra o narcotráfico en augas do Estreito e xa levaba tempo controlando os movementos desta narcolancha. Os detidos declararán nas vindeiras horas nos xulgados de Estepona.

Noticias web

24/01/2021