CRTVG

Buscar

Dous galegos, entre os dez primeiros no exame do MIR

Publicado o 20/04/2021 14:14

Joaquín e Miguel percorren por última vez os corredores da facultade de Medicina. Dentro duns días emprenden un novo camiño, formarse na especialidade e farano coa tranquilidade de que serán os primeiros en elixir. Estes dous alumnos quedaron nos dez primeiros postos no exame do MIR, aínda que ao rematar a proba ningún deles confiaba neste resultado.

"Ao saír do exame para nada pensei que me saíra tan ben, incluso estaba preocupado", di Joaquín Vila, que quedou segundo no exame do MIR.

"Saín coa sensación de non saber o que acaba de facer", di Miguel Rodríguez, que quedou noveno no exame do MIR

Sen precedentes familiares na carreira, chegaron a Medicina atraídos polas ciencias. Os dous últimos anos foron duros, con xornadas maratonianas de estudo.

"Se te organizas podes ter tempo para todo, pero xa sabes que hai épocas en que toca pecharse a estudar", di Miguel Rodríguez, que quedou noveno no exame do MIR. 

"Tiñamos un horario que logo adaptei, unhas 12 horas de media", di Joaquín Vila, que quedou segundo no exame do MIR.

Joaquín acadaba o segundo posto e Miguel, o noveno. Cardioloxía e Otorrinolaringoloxía serán as súas especialidades. Este ano ofertábanse preto de 8.000 prazas para toda España, para as que había 14.400 aspirantes.

Noticias web

20/04/2021