CRTVG

Buscar

Dous filmes galegos, 'O que arde' e 'Longa noite', no Festival de Cine de Toronto

Publicado o 05/09/2019 16:30

Hoxe comeza un macro evento cinematográfico en Toronto. O TIFF é un festival que recolle o mellor do ano e alí atopamos varias producións galegas. Entre elas, dúas participadas pola Televisión de Galicia, O que arde, de Oliver Laxe, e Longa noite, de Eloy Enciso. 

É un fito que dúas películas rodadas en galego estean no Festival de Toronto. O que arde e Longa noite fixeron as súas estreas en Cannes e Locarno, pero o certame canadense sitúa os dous filmes no potente mercado americano.

É un paso previo á súa chegada ao público xeral nas carteleiras de Galicia neste trimestre de final do 2019. En Toronto atopamos dúas producións galegas máis. Por unha banda, Filmika Galaika, produtora de Longa Noite, repite presenza co filme de Jessica Sarah Rinland, Those That, at a Distance, Resemble Another. E por outro lado, Abano produce Carne, unha curta de Camila Kater que reflexiona sobre o corpo da muller.

Noticias web

05/09/2019