CRTVG

Buscar

Dous feridos, un deles grave, tras saír un camión da estrada en Trasmiras

Publicado o 22/03/2019 07:37

Dúas persoas quedaron feridas, unha delas de gravidade, nunha saída de vía dun camión á altura do municipio ourensán de Trasmiras.

O accidente rexistrouse ás 17.30 horas, cando un camión que circulaba pola A-52, en sentido a Benavente, saíu da estrada ao seu paso polo citado municipio, quedando envorcado nunha leira fóra da autovía. No interior viaxaban dúas persoas das cales unha, o condutor, quedou ferida de gravidade e tivo que ser trasladada en helicóptero ao Hospital de Ourense. O acompañante presentaba lesións de menor importancia e puido ser evacuado en ambulancia. Ademais, foi requirida a intervención dos bombeiros de Xinzo para liberar o condutor, que quedou atrapado no interior da cabina.

Noticias web

22/03/2019