CRTVG

Buscar

Feridas de gravidade dúas persoas nun aparatoso accidente de tráfico en Trives

Publicado o 14/06/2019 16:07

O vehículo sinistrado circulaba por esta N-536 en dirección a Trives cando atravesou o carril esquerdo e saíu da vía, saltando por riba das árbores, e caeu por un desnivel duns 50 metros. Os dous ocupantes, un home e unha muller, que se dixirían ao colexio da vila onde traballan, quedaron atrapados no interior do coche. Ata o lugar desprazouse o helicóptero medicalizado do 061, que trasladou a muller, en estado grave, ata o hopital de Ourense, e o home, con feridas leves, foi en ambulancia ao hospital do Barco de Valdeorras.

Máis de dúas horas tivo que empregar o equipo de rescate e intervención de Montaña de Trives en poder sacar as vítimas do interior do vehículo, que quedou no medio da ladeira no canón do río Navea.

Investíganse agora as causas do accidente, pero, segundo os primeiros indicios, o condutor puido quedar durmido.

Malia a aparatosidade do sinistro, a vida das dúas vítimas non corría perigo.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí