CRTVG

Buscar

Dous feridos ao bateren un coche e unha furgoneta en Cervo

Publicado o 04/09/2020 10:54
Dous feridos ao bateren un coche e unha furgoneta en Cervo

Arredor das oito e media desta mañá producíase un accidente no quilómetro 98,4 da estrada LU-862, á altura de Cervo, por mor dunha colisión frontal dun coche cunha furgoneta. Ambos os condutores quedaron feridos e tiveron que ser evacudados en ambulancia a un hospital para recibiren asistencia médica. O tramo da estrada onde tivo lugar o accidente permanece pechado.